Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Un medicamento contra a leucemia

Un tribunal da India desestima a demanda de Novartis por unha patente

Sinala que non é o "foro apropiado" para determinar se a lei viola os tratados internacionais, tal e como denunciaba a farmacéutica.

Redacción - 13:15 06/08/2007
Logo da empresa farmacéutica suíza

Logo da empresa farmacéutica suíza

A empresa farmacéutica suíza Novartis solicitara unha patente sobre unha fórmula mellorada do fármaco Glivec, considerado unha icona das novas terapias contra o cancro. A súa petición chocou coa lexislación india, que impide o establecemento de patentes para novas fórmulas de fármacos xa coñecidos.

A firma suíza levou entón ante os tribunais esa lei ao considerala "arbitraria" e de termos "vagos", á vez que argumentaba que era contraria aos acordos da Organización Mundial do Comercio (OMC) sobre Dereitos de Propiedade Intelectual e Comercio, coñecidos como TRIPS.

Neste senso, os xuíces sinalaron no seu veredicto que os tribunais indios non son o organismo que debe determinar se cumpre ou non a normativa do organismo internacional, con sede en Xenebra. Ademais, segundo o colectivo de avogados da parte india, o tribunal rexeitou que a normativa sexa "arbitraria" e considerou que respecta a Constitución.

Motivos de fondo
A controversia que suscitou esta demanda non está directamente relacionada co fármaco anticanceroso. Os motivos de fondo son o acceso aos novos fármacos contra a sida e o futuro do sector farmacéutico indio, o cuarto do mundo segundo o seu volume de vendas.

Durante décadas, o país asiático mantívose á marxe do sistema de propiedade intelectual de fármacos, polo que as compañías locais podían copiar os novos fármacos tan só alterando minimamente o seu proceso de fabricación.

En 2005, o país asiático aprobou unha nova lei que contempla a patente de medicamentos, aínda que esta normativa non afecta ás pequenas melloras que se realicen en medicamentos xa desenvolvidos.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: