Este xoves comezou de novo o xuízo que enfronta á farmacéutica suíza Novartis co Goberno indio. A multinacional reclama que se lle deixe patentar a súa menciña contra o cancro Glivec, o que lle permitiría fabricala en exclusiva no país asiático, un dos maiores provedores de medicamentos xenéricos. Diferentes oenegués temen que o Goberno ceda ás pretensións de Novartis xa que apenas conta no xuízo con expertos legais na materia mentres que os suízos contan cos dous dos avogados máis prestixiosos da India, un ex asesor do Goberno en materia constitucional e o ex ministro de Xustiza. O proceso está a ser seguido con atención en todo o mundo xa que da súa resolución depende o acceso de millóns de persoas aos medicamentos a prezos razonábeis.