O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar unha manifestación en apoio aos veciños de Mehá que seguen pechados no Concello de Mugardos.
Propoñen saír este domingo 29 ás 12.00 do peirao de Mugardos, no extremo onde aportan as lanchas de pasaxe, e dende alí saír cara ao Concello. Indican que se leve un buzo de papel (salientan que se poden atopar a 1 € na Ferraría da Rúa Magdalena ou nas gasolineiras) ou camiseta do Comité cunha mascariña , ademais de cazolas, outros instrumentos de percusión e gaitas.
Para ir a Mugardos dende Ferrol hai lancha que sae ás horas en punto de Ferrol e aporta ás e media en Mugardos. Poden atopar máis información sobre a convocatoria na web do Comité.