Destaca a degradación no treito 2001-2005 das vías que dependen da Xunta, e para as que se avalía a necesidade de 183 millóns.
Un informe feito público hai poucos meses afonda noutro aspecto do estado das vías. Trátase do estudo "Inspeccións visuais", realizado pola Asociación Española da Estrada, un organismo coordinado por Miguel María Muñoz, quen fora hai tempo director xeral de Tráfico.
Esta avaliación sinala por exemplo que en Galiza sería necesario o investimento de 74 millóns de euros na rede que xestiona o Estado para garantir un correcto estado da superficie destas vías, un custo de aproximadamente 33 euros por cada km de estrada. Na rede xestionada polo goberno galego, que suma o dobre de quilómetros cá estatal, sería necesario segundo este informe un investimento aínda maior, de até 183 millóns de euros, 35,7 euros por quilómetro. Ao respecto do asfaltado
Por outra parte, estudouse ademais o gasto que sería necesario para garantir unha correcta sinalización destas vías. No caso das estatais, en Galiza compren até 2,7 millóns de euros para solucionar os déficits atopados. Do mesmo xeito, na rede xestionada pola xunta cumpriría un gasto de 3 millóns. Tamén na sinalización horizontal, a asociación recomenda o investimento de 7 millóns de euros en Galiza. Especialmente crítico é o informe co estado das barreiras metálicas nas estradas galegas, cualificándoo de "deficiente" e avaliando a necesidade dun gasto de 17 millóns de euros.
Xa que logo, o total de investimentos precisos nas estradas galegas: 74 na rede xestionada polo goberno español e 197 millóns no que depende da Xunta. Queda por avaliar a rede dependente da deputación, paradoxalmente a maior de todas, cuns 10 mil quilómetros de vías.