Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
piragüismo

Comeza o Europeo reunindo deportistas de 35 países en Pontevedra

No campionato, que comeza na cuarta feita e termina o día 1 de xullo, han participar 479 deportistas. Os galegos conforman o 30 % da selección estatal, que vai loitar por conseguir todas as medallas posíbeis.

Redacción - 10:58 26/06/2007

Cos galegos David Cal, Teresa Portela, Carlos Pérez, Jovino González e David Mascato, entre outros, a selección estatal ten case asegurada algunha medalla. Os deportistas comezarán hoxe as probas, estreando, a nivel internacional, as novas pistas de Pontillón do Castro, en Xeve-Verducido (Pontevedra).

Durante a comparecencia na segunda feira ante os medios, o presidente da Federación Española de Piragüismo, Santiago Sanmamed, dixo que van afrontar o Europeo de Verducido sen ambición ningunha: "Non viñemos por medallas, mais tampouco imos renunciar a elas. O que nos importa de verdade é o Campionato do Mundo, que é clasificatorio para as Olimpiadas de Pekín", polo que non está nos seus planes forzar o equipo, aínda que se veñen as medallas, ben recibidas serán.

Outro dos obxectivos: medirse cos rivais e ver cómo andan de forma
Tamén andaba por Pontevedra Suso Morlán, adestrador persoal de David Cal, que estivo as pasadas semanas con el en Trasonas (Asturias), adestrando duro, para que estivese en forma para o Campionato do Mundo. Para Morlán o que importa é acabar entre os seis primeiros do mundo, e as medallas do Europeo son secundarias, xa que o seu pupilo chega ben cansado dos adestramentos.

Outro dos factores que se teñen en conta neste campionato, segundo dixo o palista galego, David cal, é a importancia de poder medirse con palistas de todo o continente, e poder comprobar o propio estado de forma.

Para outros palistas galegos, como Jovino González, este é un campionato moi importante, xa que se celebra na casa, e para el gañar algunha medalla sería a súa máxima aspiración, ademais de obter unha boa posición no Mundial.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os piragüistas galegos conforman o 30 % da selección estatal
Os piragüistas galegos conforman o 30 % da selección estatal
Imaxe das novas instalacións de Verducido-Xeve, o centro de Pontillón do Castro
Imaxe das novas instalacións de Verducido-Xeve, o centro de Pontillón do Castro
Imaxe das instalacións onde se celebra o Europeo
Imaxe das instalacións onde se celebra o Europeo