Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
piragüismo

"Os deportistas galegos teñen ao fin as instalacións que merecen"

Na quinta presentouse o Campionato de Europa de Augas Tranquilas que se vai celebrar entre o 26 de xuño e o 1 de xullo nas novas instalacións de Verducido (Pontevedra).

Redacción - 14:56 14/06/2007
Momento da presentación

Momento da presentación

Os palistas galegos terán no Campionato de Europa as instalacións "que merecen", segundo dixo o Secretario de Estado para el Deporte, Jaime Lissavetzky, durante a presentación do Campionato de Europa de Aguas Tranquilas, que se disputará nas novas instalacións de Verducido, Pontevedra. Ánxela Bugallo destacou que "o Centro Deportivo do Pontillón é o colofón dun momento brillante do piragüismo galego".

"Xa se está demostrando a potencia que hai en Galiza"

Á presentación tamén asistiu a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, quen dixo que "a potencia que hai en Galiza xa a están demostrando os nosos palistas".

Bugallo estivo acompañada, no acto de presentación do Campionato de Europa de Piragüismo de Augas Tranquilas - que se vai celebrar en Pontevedra entre os días 26 de xuño e 1 de xullo-, polo Secretario de Estado para el Deporte, Jaime Lissavetzky; a directora xeral para o Deporte, Marta Souto; o presidente da Federación Española, Santiago Sanmamed; o presidente da Federación Galega, Tito Valledor e os deportistas galegos David Cal, Teresa Portela, e o zamorano Emilio Merchán.

A conselleira agradeceu a colaboración do Consejo Superior de Deportes no cofinanciamento das instalacións de Verducido, e manifestou a súa confianza en que os deportistas galegos, presentes no equipo que representará ao Estado no Campionato, acaden os mellores resultados "na súa casa".

Jaime Lissavetzky destacou a "colaboración total coa Xunta de Galicia" na persoa da conselleira, que dende o principio tivo claro que un dos obxectivos fundamentais era conseguir o éxito deste campionato e desta instalación. O Secretario de Estado para el Deporte dixo que "o feito real é que Galicia xa ten a instalación que se merecía".

Os galegos representan un 30 % do equipo estatal

No campionato participarán 35 nacións e 479 deportistas, dos cales 133 son mulleres. Hungría con 42, España con 41 e Rusia con 34 son os países con maior participación; aínda que na delegación feminina o Estado Español é o que ten maior número de deportistas inscritas (13 mulleres).

A equipa estatal está composta por un 30 % de galegos, entre os que se atopan o duplo medallista olímpico gallego, David Cal, e a campioa do mundo, Teresa Portela.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: