O Cádiz Knutsen ten prevista a súa entrada este xoves ás 21 horas.
O metaneiro Cádiz Knutsen viaxa cara á ría de Ferrol. O buque, propiedade de Unión Fenosa, unha das empresas que participan na planta de Reganosa, tampouco vai ter unha entrada tranquila. Dende algunhas asociacións da zona xa anunciaron que pensan recibir cunha gran cazolada á embarcación.
O Cádiz Knutsen viaxa cargado con case 60.000 toneladas de gas licuado e prevese que entre no peirao entre as 21 e as 22 horas deste xoves. Agárdase que a zona volva ser ocupada outra vez por ducias de efectivos policiais.