Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Documental de Mabel Rivera e Enrique Banet

O salario do silencio

"Conseguiremos que a racionalidade triunfe?". Desde o Comité Cidadán de Emerxencia aseguran que non descansarán na loita contra Reganosa. Esta semana presentouse este traballo audiovisual sobre o conflito.

Redacción - 09:00 08/06/2007


"O silencio foi tan grande que non é de estrañar que os afectados, aos que poucas veces se lles dá a oportunidade de falar sen cortapisas, se volcasen con absoluta xenerosidade neste traballo, ávidos de poder manifestar todo aquilo polo que levan tanto tempo loitando sen recibir a atención que merecen, tanto polo seu esforzo como pola gravidade dos feitos que denuncian". Así o explican Mabel Rivera e Enrique Banet, que produciron e realizaron o documental O Salario do Silencio, presentado esta semana en Compostela.

Antes da proxección, no Clube Internacional de Prensa, Mavel Rivera insistiu no feixe de "ilegalidades" arredor da planta de gas e subliñou que este documental pretende axudar a "rachar o silencio que sempre rodeou esta instalación". "Tentamos recoller a opinión dos veciños, as contradicións dos políticos e a resposta cidadá", indicou Banet, quen dirixe o traballo.

"Esta é unha loita como a de Nunca Máis", subliñou Alexandre Carrodeguas, do Comité Cidadán, "a cidadanía agora, como daquela, tivo que saír e mobilizarse na defensa das súas costas e Galiza debe saber que iso mesmo é o que se fai agora en Ferrol".

O traballo proxéctase desde esta semana en diferentes lugares do país e pode ademais adquirise en DVD. O recadado irá para a Confraría de Pescadores de Ferrol. O orixinal foi gravado en galego. Editouse copia en castelán para a difusión no resto do Estado.


Ligazóns

4,61/5 (18 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: