Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Denunciado por Reganosa

O Comité Cidadán agarda a liberación de Bastida para este martes

O patrón maior da Confraría de Ferrol declara este martes diante do xuíz, e o avogado confía en que daquela sexa posto en liberdade.

Redacción - 09:15 04/06/2007

O pasado venres presentouse no Xulgado de Instrución número 6 de Ferrol un recurso de reforma e subsidiario de apelación, no que se solicita a liberdade provisional, sen fianza, de Bernardo Bastida. O seu avogado, Víctor Manuel López, considera que a decisión xudicial do pasado mércores que deu con Bastida no cárcere de Teixeiro foi "unha medida moi dura e case excepcional" que "non adoita ser habitual". López insistiu en que "non hai fundamento xurídico" para que Bastida continúe preso, polo que espera que o recurso presentado sexa admitido a trámite.

En declaracións a Europa Press,Víctor Manuel López sinala que na decisión xudicial influíron as causas xudiciais pendentes do patrón maior de Ferrol, entre elas, as denuncias que foron presentadas contra el polo peche da ría, ao paso do primeiro metaneiro que chegou á planta de gas, o 'Galicia Spirit', os días 7 e 8 de maio. Nesa ocasión, Reganosa denunciou a Bastida como responsábel das accións e reclamou perdas por valor de 600 mil euros.

Bernardo Bastida está agora acusado de desobediencia á autoridade, ameazas, coaccións e desordes públicas, polo bloqueo con lanchas pesqueiras que os mariscadores realizaron na ría de Ferrol o pasado martes, 29 de maio, para impedir a entrada do metaneiro alxeriano 'Mourad Didouche', con gas natural licuado para descargar en Reganosa en Mugardos. Bastida acode este martes 5 ás 11h30 a esa vista xudicial onde se agarda a revisión da orde de prisión provisional sen fianza ditada o pasado 30 de maio pola a xuíz que instrúe a causa.


4,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: