Siareir@s Galeg@s organiza un concerto con varios grupos galegos no que presentará un DVD que recolle imaxes dos dous partidos disputados pola Selección Galega de fútbol.
Os actos están programados para o vindeiro 2 de xuño en Compostela. Pola tarde, ás 16 horas, no campo municipal de Santa Isabel vai haber un partido entre os membros de Siareir@s e unha equipa de "persoeiros", segundo indican dende a organización.
Xa pola noite, ás 20:30 horas na Sala Capitol hanse xuntar tres grupos galegos: os vigueses Skacha e Skárnio e os composteláns hiphoperos Non Residentz, nun concerto no que tamén se presenta un DVD titulado "10 anos luitando polas nossas selecçons" que recolle imaxes dos dous partidos disputados até agora pola Selección Galega de fútbol e dos actos organizados polo colectivo de seguidores.
Todo o día estará dedicado a esta nova campaña creada por Siareir@s para que as seleccións galegas acaden a oficialidade e poidan xogar o mundial.