A selección galega de fútbol volverá saltar ao campo o día 28 contra Ecuador. A festa deportiva en Riazor está garantida para todos os galegos e galegas que queiran asistiren. Porén, nesta xornada tan significada, Siareiros Galegos organizan unha manifestación previa ao encontro. Baixo a lenda de "Galiza, algo mais que um jogo", os siareiros queren reivindicar polas rúas herculinas o dereito que teeñen as nosas seleccións a desputar partidos oficiais polo mundo. A mobilización sairá da Praza da Leña, ás 19 horas, e rematará ás portas do estadio coruñés.