Diego Bernal, membro de Siareir@s Galeg@s declara este martes como imputado polos danos provocados nas horas previas do partido Galiza-Ecuador, disputado o pasado decembro na Coruña.
A asemblea de Siareir@s quere lembrar que naquela altura a polícia interviu "violentamente e de forma inxustificada no curso da manifestación nacional convocada polo seu colectivo baixo o lema Galiza, mais do que um jogo, ao seu paso por diante da xigante bandeira española Paseo do Orzán", lugar polo que a manifestación foi desviada pola Delegación do Goberno español.
O colectivo denuncia a manipulación dos feitos e di que o xuízo que se celebra hoxe na Coruña é intento de culpabilizar ao seu compañeiro, em palabras da asemblea, "simplemente por ter participado nunha rolda de prensa e ter asinado un artigo de opinión denunciando os feitos".
O martes de mañá, ás 9 h., estaba convocada unha concentración de apoio ao siareiro coruñés nas portas do Xulgado na Coruña.