O estudante vilagarcián David Souto Alcalde foi o gañador da cuarta edición do premio de poesía Fermín Bouza Brey. O galardón, que concede o Concello de
Vilagarcía, está dotado con 3.000 euros.
Souto Alcalde estuda Filoloxía en Compostela e até agora non publicara ningunha obra. O premio seralle entregado o xoves, Día das Letras. Os anteriores gañadores do Bouza Brey de poesía foran Xerardo Quintiá (2005), Xurxo Alonso (2003) e Emma Pedreira (2001).