Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Emma Pedreira gaña o premio de poesía Bouza Brey

A obra Os cadernos d´Amor e os Velenos (Libro das Posturas), de Emma Pedreira, vén de gañar o premio Bouza Brey, convocado polo concello de Vilagarcía con motivo do centenario do nacemento do autor de ‘Nao Senlleira’. O traballo da poetisa coruñesa foi seleccionado entre outros dezaseis e recibirá o seu galardón, dotado con 500.000 pesetas, nun acto público, o 3 de novembro.

- 15:46 18/10/2001
Tags:

O Bouza Brey de Poesía fallouse o 20 de outubro en favor da escritora coruñesa Emma Pedreira, que competiu con outros 16 autores co poemario Os Cadernos d'Amor e os Velenos (Libro das Posturas).

A poetisa recibirá o seu premio nun acto público que se celebrará o 3 de novembro, na Casa de Cultura de Vilagarcía. O concello desta cidade resérvase o dereito á publicación do traballo seleccionado.

O xurado está composto por Luz Pozo Garza, numeraria da Real Academia Galega; Fermín Bouza Álvarez, escritor e catedrático da Universidade Complutense de Madrid, ademais de fillo do homenaxeado; outros dous escritores galegos, Xosé María Álvarez e Gonzalo Bouza Brey Villar, e Fernán Vello, responsable da editorial de poesía Espiral Maior.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: