Un total de 16 poetas galegos optan ao Bouza Brey, o premio convocado polo concello de Vilagarcía con motivo do centenario do nacemento do autor de 'Nao Senlleira'. O xurado reunirase o sábado que vén, ás once da mañá, para decidir quen é o gañador do certame, dotado cun galardón de 500.000 pesetas. Máis información en Vieiros O Salnés.
.