Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Catro estatuíñas para 'De profundis'

'Un franco, 14 pesetas', triunfadora dos Mestre Mateo con seis premios

A Academia Galega do Audiovisual entregou vinte e seis galardóns o mércores á noite nunha gala que se desenvolveu no Teatro Colón da Coruña.

Redacción - 10:05 10/05/2007
Momento da rodaxe do filme gañador

Momento da rodaxe do filme gañador

Un franco, 14 pesetas foi a produción que triunfou na noite dos Mestre Mateo. O filme producido por Adivina e Drive Cine acadou seis estatuíñas: á mellor longametraxe, á mellor dirección e guión (as dúas para Carlos Iglesias), á dirección de produción (Jesús Alonso), á intérprete feminina protagonista (Isabel Blanco) e á maquillaxe e peiteado (Sara Vázquez e Óscar Aramburu).

Mentres, De Profundis tívose que conformar con catro dos premios que concede a Academia Galega do Audiovisual: á mellor dirección, para Miguelanxo Prado, compartido con Carlos Iglesias de Un franco, 14 pesetas; á mellor música, para Nani García; ao mellor son, para Javier Ferreiro e mais García, e á mellor produción interactiva, por Deprofundislapelicula.com.
Por detrás ficou O partido, con tres galardóns: ao mellor filme de televisión, á dirección de fotografía, de Ricky Morgade, e á interpretación masculina secundaria, de Antonio Durán Morris.

Con dous premios quedaron De bares (mellor montaxe, a Mario Iglesias, e mellor interpretación feminina secundaria, a Rosa Álvarez), A vida por diante (serie de televisión e realización para Carlos Sedes e Manuel Espiñeira), e A casa de 1906 (programa de televisión e deseño de vestiario, para Ana López).

O Fernando Rey á traxectoria profesional levouno, como xa se sabía previamente, Pedro Amalio López, mentres que Paco Lodeiro acadou o premio ao mellor comunicador televisivo, por Cifras e letras, e Luis Tosar o mellor protagonista masculino, por Cargo.

Cicatrices, de Jairo Iglesias, foi considerada mellor curtametraxe de ficción e A bruxa Catuxa, de Grándola Nova, a curta de animación máis salientábel. O premio ao documental do 2006 foi para 2050, How soon is now?, da produtora Tv Siete.

A promoción de Las noticias del guiñol, de Algarabía Animación, obtivo o Mestre Mateo á mellor produción de publicidade, mentres que Curru Garabal, do equipo de Mia Sarah, levou o premio á mellor dirección artística.


2,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: