Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CIG mantén a convocatoria de folga

Educación chega ao acordo cos sindicatos, agás coa CIG

Este 30 de abril foi asinado o acordo para garantiren a opción da xornada intensiva en xuño e setembro aos centros públicos que o soliciten para o curso que vén.

Redacción - 10:36 01/05/2007

Os sindicatos CCOO, FETE-UGT, ANPE, CSI-CSIF e STEG asinaron este luns 30 de abril coa Consellería de Educación o acordo que garante a xornada intensiva ao 100% dos centros que a soliciten o próximo curso. O preacordo estabeleceuse o sábado, co consenso de todos os sindicatos agás a CIG-Ensino.

En virtude do pacto, todos os centros sostidos con fondos públicos terán a opción de aplicar a xornada intensiva durante os meses de xuño e setembro para o curso 2007-2008. Mentres os sindicatos asinantes suspenderon a convocatoria de folga para o día 3 de maio do profesorado de infantil e primaria, a CIG-Ensino mantena. Este sindicato segue a considerar a proposta "insuficiente", e ratifica a convocatoria de folga para este xoves, con saída ás 11.30 da compostelá Praza do Toural.

O acordo recolle a próxima negociación do horario do profesorado de Primaria e a posibilidade de mellorar a orde que facilita que os centros accedan á xornada única, sinala que o comedor escolar se manterá durante todo o ano académico, que se reorganizarán os horarios de transporte dos centros consonte co novo horario e que se manterán as condicións laborais dos profesores. Para a CIG-Ensino, o único obxectivo do acordo é desconvocar a folga, pero non responde ás demandas reais do profesorado: "a concesión desta xornada tería que pasar primeiro polo Consello Escolar e posteriormente a consellaría decidiría en función da dispoñibilidade de transporte escolar se se concede ou non, algo que xa manifestaron que non poden garantir", como afirmou en conferencia de prensa o secretario xeral, Anxo Louzao.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: