Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Neuroloxía

Especialistas galegos expoñen nos EUA un estudo sobre o Parkinson

Un grupo de persoal sanitario do Hospital do Salnés presentan esta semana en Boston un estudo sobre a prevalencia desta enfermidade na poboación anciá da Illa de Arousa.

Redacción - 11:52 29/04/2007

Os sanitarios galegos participan desde este sábado e até o 5 de maio na LIX Reunión da Academia Americana de Neuroloxía que se celebra na cidade da costa este do país.

A investigación estivo dirixida polo neurólogo Manuel Seijo, do Hospital de O Salnés, en colaboración con María Castro e José Ramón Rodríguez, do Complexo Hospitalario de Pontevedra, Ramón Suárez e Eugenio Torres, médicos de Atención Primaria de A Illa, Javier Paz, do Servizo de Medicina Preventiva do CHOP e María Jesús Sobrido, da Fundación Pública Galega de Medicina Genómica.

O estudo revela que a prevalencia do parkinsonismo é máis elevada que no resto de España e de Europa nese municipio. Tamén se determina no traballo científico que máis do 75 por cento dos afectados por esta doenza nunca demandaran consultas por ese motivo, polo que non tiñan constancia do mal.

No referido á enfermidade de Parkinson, o número de pacientes atopaba nun rango similar outras poboacións españolas e europeas. Para este estudio foron entrevistadas 724 persoas, das que 42 presentaron parkinsonismo. Dos afectados, 16 desenvolveron a enfermidade de Parkinson.


4,5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: