Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

A melatonina tamén contra o Parkinson

Científicos da Thomas Jefferson University presentan nun estudio os beneficios potenciais e o importante papel que xoga a melatonina na prevención da enfermidade de Parkinson. A melatonina é unha hormona derivada da serotonina, segregada pola epífise e a retina dos vertebrados. Está relacionada cos ciclos diarios de luz e escuridade e estacionais, por exemplo no período de celo dalgúns animais. Para o equipo investigador, a melatonina podería se-la clave para comprende-los mecanismos de curación da enfermidade de Parkinson. Polo momento, on ensaios aínda están nas fases iniciais.

- 11:13 31/10/1999
Tags:

Este equipo da Thomas Jefferson University demostrou en ensaios de laboratorio e con animais de experimentación, que a melatonina é efectiva para a prevención de danos nun tipo particular de neuronas cerebrais. Os danos son semellantes ós atopados en neuronas de persoas afectadas polo mal de Parkinson. Moitos investigadores cren que a perda de dopamina, un neurotranmisor cerebral, das células nerviosas provocan un estres oxidativo ás células. A acumulación de radicais libres de osíxeno acaba coa morte celular, sendo as neuronas productoras de dopamina particularmente sensibles. A melatonina é comercializada como unha substancia que retarda o avellentamento. En realidade, pode ser un activo axente antioxidante. Hai dous anos Lorraine Iacovitti, profesora de neuroloxía na Thomas Jefferson University, e mailos seus compañeiros de traballo amosaron, en ensaios no laboratorio, como a melatonina era efectiva para bloquea-lo avance dos estragos dos axentes oxidantes, en neuronas productoras de dopamina danadas polo Parkinson.
A Dra. Iacovitti e o seu equipo administroulle a un grupo de ratos de experimentación, un axente tóxico, 6-hidroxidopamina, que dana especificamente ás neuronas productoras de dopamina, de xeito semellante á enfermidade de Parkinson. Eles atoparon que inxectando melatonina dez minutos antes ou trinta despois da administración do tóxico, podían interrompe-lo avance destes danos semellante ós provocados pola enfermidade. Segundo Iacovitti "se unha célula ten a suficiente cantidade de antioxidantes á súa disposición poderían impedirse a morte por oxidación e os danos observados na células enfermas. A mesma Iacovitti sinala que a melatonina podería aplicarse medicamente para o tratamento do Parkinson, pero despois de solucionar un problema: os ensaios feitos cos animais incluían doses moi altas da hormona.
A súa investigación continúa por varios camiños: a busca de substancias tóxicas que provocan danos semellantes á enfermidade de Parkinson, a busca dunha substancia, semellante á melatonina, que fose efectiva en doses baixas e o estudio dos pasos da morte celular despois dun intenso estres oxidativo.
Máis información.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: