O pleno municipal aprobara por unanimidade tomar medidas legais contra os responsábeis do foro cee.costadamorte.net.
Auto da Audiencia Provincial
A Audiencia Provincial da Coruña ratificou a inocencia dos responsábeis da web cee.costadamorte.net, que fora denunciado polo alcalde de Cee por supostas inxurias e calumnias. Segundo a sentenza, aínda que no foro da páxina se verteron expresións ofensivas ou de mal gusto, non constitúen infracción penal.
Deste xeito, a sección número 1 da Audiencia Provincial confirma a resolución do xulgado número 2 de Corcubión, que en novembro tomara a mesma decisión. A denuncia xurdira dun acordo plenario de febreiro de 2005 que facultara o alcalde coreano, o popular Antonio Domínguez, para tomar medidas contra as opinións vertidas na web.
Despois do arquivo do caso por parte do xulgado corcubionés, o alcalde decidiu interpoñer un recurso de apelación, que foi finalmente desestimado polos xuíces de ámbito provincial.