Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Identificación das deficiencias do servizo

O Plan de Mellora da Atención Primaria permitirá desburocratizar a asistencia médica

Este luns ratificarase en Santiago o documento, negociado por sindicatos, sociedades científicas e Sergas.

Redacción - 15:05 01/04/2007

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presidirá mañá no Pazo de Raxoi a sinatura do Plan de Mellora da Atención Primaria 2007-2011. Trátase dun texto que o Servizo Galego de Saúde está a negociar desde o pasado mes de novembro.

O Plan foi deseñado por tres mesas de traballo constituídas por representantes da Sanidade Pública galega, sindicatos e asociacións de primaria de Galicia. Entre os seus obxectivos atopábanse a identificación das deficiencias, así como a mellora da calidade asistencial e da desburocratización do servizo sanitario.

Na primeira das mesas, a de identificación das deficiencias da Atención Primaria, abordáronse, os problemas máis relevantes do traballo diario dos profesionais sanitarios. A segunda das mesas, a de calidade, estudou as medidas necesarias para a implantación de guías e protocolos clínicos que van permitir unha maior calidade da atención sanitaria.

Por último, na terceira das mesas, a dedicada á desburocratización, falouse do xeito de quitarlle traballo burocrático ao persoal sanitario, labor este que, na actualidade, ocupa case que o 40 por cento da súa actividade ordinaria.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: