Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
3.000 MANIFESTANTES EN SANTIAGO

Os traballadores do Sergas saen á rúa para esixir melloras laborais

Os técnicos superiores e o persoal non sanitario considéranse os peor pagados de todo o Estado.

Redacción - 13:09 29/03/2007

Arredor de tres mil traballadores do Sergas saíron este xoves ás rúas compostelanas para esixir melloras laborais para o colectivo non sanitario. Todos os sindicatos con representación no Sergas coinciden en sinalar que os 14.000 traballadores non sanitarios sofren discriminacións na súa carreira laboral á hora de subir de nivel profesional e no que respecta ás retribucións.

O paro de 24 horas coincide co dos médicos sen praza fixa, que demandan a anulación da Oferta Pública de Emprego de 2006. A coincidencia das dúas mobilizacións está a afectar ao funcionamento dos centros sanitarios.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: