Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Oito novas proxeccións galegas, portuguesas e europeas

Comezan as conferencias e os concertos no Play-Doc

O festival de documentais de Tui chega o venres ao seu ecuador coa estrea das actividades paralelas.

Redacción - 13:57 23/03/2007
'Soños dende o Abismo'

'Soños dende o Abismo'

Ás once da mañá ábrese a primeira das conferencias do foro O documental, a TV, o cine e todo o que vén, no que se falará sobre as últimas tendencias do xénero. Participan a experta en financiamento Linda Beath; a xefa do grupo técnico do Euromed, Catherine Buresi; o director de Capenetwork, Jacques Laurent, e Enrique Nicanor, técnico do audiovisual da Consellería de Cultura, que exerce de moderador.

O primeiro dos dous concertos do Play-Doc terá lugar ás doce e media da noite na sala Metropol. Os lisboetas Dead Combo, autores da banda sonora do documental Um pouco mais pequeno do que o Indiana, que compite na sección Atlántico do festival e que se proxecta ás seis e media da tarde. O grupo demostrará por que gañou o recoñecemento ao mellor disco do ano en Portugal.

A programación audiovisual do venres arranca ás doce do mediodía, coa proxección de ChaÄ?ipe, longametraxe checa de Miroslav Janek que amosa a vida nun orfanato, e de Plac, curta dirixida pola croata Ana Hušman sobre a orixe dos produtos dun mercado. Pola tarde chegará o documental galego Soños dende o Abismo, de Sandra Sánchez sobre o proceso de creación do filme De profundis, de Miguelanxo Prado e Nani García, e que se exhibe na sección Foco Galicia.

Ás oito e media do serán verase Popaganda: arte e crimes de Ron English, documental dirixido por Pedro Carvajal que conta a historia do artista norteamericano que estes días expón cinco obras súas en Tui. A función nocturna, ás dez e media, constará da curta británica A intimidade dos descoñecidos, de Eva Weber, e da longametraxe francesa Viaxe en sol maior, dirixida por Georgi Lazarevski.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: