Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O límte en autoestrada sera de 90 por hora

A baixa calidade do aire motiva a redución do límite de velocidade en Bélxica

O dióxido de nitróxeno causa numerosas enfermidades respiratorias e alérxicas.

Redacción - 12:42 16/03/2007
Atasco á entrada de Bruxelas

Atasco á entrada de Bruxelas

As autoridades de Bélxica reduciron o límite de velocidade nas súas estradas por mor da “mediocre” calidade do seu aire. A culpa a ten o alto índice no ambiente de partículas en suspensión e de dióxido de nitróxeno, causantes de numerosas enfermidades respiratorias e alérxicas.

Deste xeito, desde este venres o límite máximo en autoestradas será de 90 quilómetros por hora, cando até agora estaba situado nos 120. O concello de Bruxelas, cidade máis afectada pola contaminación, aproveitou a entrada en vigor da nova normativa para pedirlle aos condutores belgas que utilicen o transporte público e que realicen os desprazamentos curtos en bicicleta ou a pé.

A loita contra a contaminación é un dos obxectivos procurados pola Comisión Europea, que o ano pasado estabeleceu unha estratexia común para reducir nun 40% as mortes causadas pola baixa calidade do aire.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: