Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Loita contra o cambio climático

A Unión Europea utilizará en 2020 un 20% de enerxías renovábeis

Xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea acordaron para ese ano reducir nun 20% as emisións de gases de efecto invernadoiro.

Redacción - 17:08 09/03/2007
Barroso e Merkel, impulsores do acordo

Barroso e Merkel, impulsores do acordo

Os dirixentes políticos europeos asinaron na mañá deste venres un histórico acordo na procura dunha loita contra o quecemento global máis efectiva. A principal impulsora da medida, a chanceleresa alemá Angela Merkel, amosou a súa ledicia por abrir deste xeito “a porta a unha nova dimensión de cooperación europea na loita contra o cambio climática”. O acordo inclúe ademais un propósito de redución do 20% das emisións de gases de efecto invernadoiro e do uso dun 10% de biocombustíbeis para o 2020.

O Cumio enerxético europeo tamén deixou unha chiscadela cara á enerxía nuclear, que é, segundo Francia, o mellor medio para loitar contra o cambio climático. O texto do acordo recolle así o chamamento a celebrar un amplo debate sobre as oportunidades e riscos que ofrece este tipo de enerxía.

Malia que o histórico acordo será de obrigado cumprimento para todos os países membros, este respectará as peculiaridades de cada país xa que “cada estado parte dunha situación distinta”. Así, a proposta de Merkel tamén inclúe a opción de fixar obxectivos estatais para cada sector específico de enerxía renovábel, sempre que acade un mínimo do 10% do uso de biocarburantes no transporte. Este último punto será obrigatorio para todos os países membros.

O presidente da Comisión, José Manuel Durao Barroso, sinalou que se trata do acordo “máis importante en consecuencias ao que chegou xamais un cumio da Union Europea”. Pola súa parte, o presidente do goberno estatal, José Luís Rodriguez Zapatero, celebrou a aprobación da proposta e lembrou que na actualidade se está a facer “un grande esforzo para reducir as emisións de CO2”.


4/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: