Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Tres ouros, cinco pratas e cinco bronces

Galiza acada 13 metais dos 27 posíbeis no Campionato de España de piragüismo

Os galegos destacaron na modalidade de canoa. En total, conseguíronse dúas medallas máis que na edición do ano pasado.

Redacción - 12:28 12/03/2007
Tags:
Cal, Bea e Campos dominaron o C-1

Cal, Bea e Campos dominaron o C-1

Os tres ouros foron acadados en C-1 por piragüístas do club Breogán. Alfredo Bea conseguino na categoría sénior, Anxo Cristian en júnior e Xacobe Domínguez en cadete. Nesta modalidade o dominio galego foi espectacular ao acadar as cinco primeiras prazas en cadete, as oito primeiras en júnior e as catro primeiras dos sénior.

Malia os ouros dos seus federados, o Breogán perdeu o título estatal que acadara nas dúas últimas edicións. Foi o Kayak Tudense o que acadou o triunfo final na clasificación por equipos, seguido de O Grove e de Iberdrola Caja España Zamora..

David Cal, unha das principais bazas galegas para Beixín 2008, rematou segundo no C-1 sénior, medio minuto por detrás de Bea. Pola súa parte, Teresa Portela acadou a prata na final 5.000 de dama senior K-1.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: