Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Inaugurarase o venres 9 na rúa Real

Yolanda Castaño dirixirá a Galería Sargadelos da Coruña

A poeta Yolanda Castaño será a directora da nova Galería Sargadelos da Coruña, situada na rúa Real. O acto inaugural será o venres 9 ás oito do serán. A organización valorou a traxectoria cultural da escritora para enriquecer o seu proxecto coa incorporación de novos talentos.

Redacción - 12:35 08/03/2007
Yolanda Castaño / Foto: Pedro Castro

Yolanda Castaño / Foto: Pedro Castro

A presentación oficial da responsábel da galería farase no novo local o venres ás once e media da mañá, nun acto para os medios de comunicación no que estarán a propia Castaño e mais o director de Sargadelos, Xosé Luís Vázquez Montero. Á hora de escoller a nova directora, tívose en conta a súa experiencia á fronte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o seu traballo nos obradoiros de poesía da Fundación Caixa Galicia e a súa traxectoria literaria e creativa.

Yolanda Castaño naceu en Santiago de Compostela e 1977 e actualmente vive na Coruña. Recibiu varios premios, entre eles o Nacional da Crítica 1998 polo seu poemario Vivimos no ciclo das Erofanías, e o Mestre Mateo 2005 á mellor comunicadora de televisión pola súa intervención no programa Mercuria de Televisión Española en Galiza.


3,7/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: