Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
YOLANDA CASTAÑO PRESENTA TRADUCIÓN

O libro bilingüe da egoísta

Xa fixera del a versión audiovisual, O vídeo da egoísta. Agora presenta unha edición bilingüe, en galego e castelán, publicada pola madrileña Visor. O libro da egoísta é o cuarto poemario de Yolanda Castaño. Fora publicado por Galaxia hai tres anos, e agora reedítase nunha tradució feita por ela mesma, co título El libro de la egoísta. Este venres 10, ás doce e media, o Auditorio do Centro ON de Caixa Galicia (Cantón Pequeno, 9 – 11. A Coruña) acolle a presentación. tamén será proxectado o videopoema O Vídeo da Egoísta, gañador do Curtocircuíto 2004. A poeta xa publicara traducido Vivimos en el ciclo de las Erofanías (Huega & Fierro, Madrid, 2000).

- 09:27 10/11/2006
Tags:


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: