Un recital poético público clausurará o luns ás oito do serán o obradoiro de poesía que viu impartindo durante os dous últimos meses a poeta Yolanda Castaño. No salón de actos da Fundación Caixa Galicia da rúa Médico Rodríguez da Coruña intervirán os alumnos do seminario: arredor de quince poetas noveis de todas as idades e estilos que, en moitos casos, participarán no seu primeiro acto público destas características. O obradoiro, que se desenvolveu os sábados na nova sede da fundación no Cantón Grande e, simultaneamente, en Lugo, vén precedido do éxito que xa acadara nas cidades de Santiago, Ourense, Pontevedra e Ferrol. Nos vindeiros días, tamén os alumnos do curso na cidade das murallas celebrarán o seu recital final.