Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O caldo é "moi acorde" co gusto nipón

Sumilleres e especialistas xaponeses destacan as virtudes do Albariño

Vinte e cinco persoeiros de máxima relevancia no mundo do viño en Xapón participaron nunha promoción con degustación de seis viños de Rías Baixas que se distribúen no país nipón. Segundo o Consello Regulador, a experiencia foi todo un "éxito" xa que os expertos xaponeses aseguraron que o Albariño é "moi acorde" co gusto da súa cultura.

Redacción - 16:00 03/03/2007
O Albariño triunfa en Xapón

O Albariño triunfa en Xapón

Ramón Huidobro, xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, sinalou que "as sensacións" que detectaron dos asistentes nesta promoción desenvolvida en Tokío os deixaron "moi satisfeitos". Huidobro confirmou a "necesidade"de traballar na promoción deste produto nun mercado tan esixente e interesante como o xaponés".

Deseñado polo Centro de Promoción de Negocios do Igape en Tokío e o consello regulador, o acto de promoción contou coa presenza de vinte e cinco persoeiros de máxima relevancia no mundo do viño en Xapón. Deste xeito, participaron na degustación xornalistas especializados, sumilleres e distribuidores.

O mercado xaponés ten especial importancia para este consello regulador xa que se trata dun dos grandes importadores dos viños galegos. Na actualidade son dezaoito as adegas de Rías Baixas que comercializan os seus produtos en Xapón. Segundo datos do Igape, o sector alimentario en Xapón alcanza unha facturación de 325.000 millóns de euros, e un 60% corresponde a produtos importados.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: