Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Valdeorras

Edición xestionada por Gustavo Docampo
RSS de Valdeorras
A DENOMINACIÓN DOS VIÑOS

A disputa entre Ribeiro e Rias Baixas pola exclusividade do "albariño" non ten repercusión en Valdeorras

Valdeorras permanece allea á polémica que saltou á prensa hai uns días ao anunciar, a cooperativa vitivinícola do Ribeiro, o lanzamento ao mercado do seu primeiro viño da variedade "albariño". Responsables da D.O. Rías Baixas solicitaron ao conselleiro de Medio Ambiente que impedise a saída do viño ourensán. O conselleiro vai reunirse con representantes dos dous consellos reguladores para "acadar unha certa ética e non chegar a guerras estériles".

- 22:19 08/03/2005
Tags:

Podería pensarse que hai un paralelismo entre a situación creada co "albariño" do Ribeiro, e o que acontece co "godello" que, sendo unha variedade recuperada e prestixiada en Valdeorras, sae ao mercado con contraetiquetas de Monterrei, Ribeira Sacra ou O Bierzo. Todo isto pon de actualidade a discusión sobre si o ámbito de protección dos viños debe ser territorial exclusivamente ou si debería referirse tamén ás propias denominacións de caldos, que elaborados con variedades autóctonas, aparecen fortemente ligados a unha comarca na creación da súa imaxe no mercado.


0/5 (0 votos)