Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Desaloxado un centro xuvenil alternativo

Copenhaguen prepárase para unha nova noite de disturbios

A madrugada do venres deixou case douscentos feridos, lumes e importantes danos materiais, e para este sábado espérase máis do mesmo. A policía de Copenhaguen xa se está a preparar para o que sería a terceira noite consecutiva de disturbios, logo de que o pasado xoves se desaloxase pola forza un centro xuvenil alternativo no centro da capital dinamarquesa.

Redacción - 15:00 03/03/2007
Disturbios na noite do venres. Foto: EP

Disturbios na noite do venres. Foto: EP

Segundo a policía, trátase do peores disturbios de violencia na rúa da última década. Todo comezou o pasado xoves cando un escuadrón antiterrorismo das forzas de seguridade desaloxaron ás persoas que ocupaban o centro xuvenil. Trátase dun centro frecuentado por anarquistas e grupos de esquerda. Estes ocuparan o inmoble, propiedade do concello, hai xa vinte anos e, desde aquela, o edificio funcionaba como un centro cultural.

Ás protestas sumáronse activistas de Suecia, Noruega e Alemania, que xunto cos daneses lanzaron pedras á policía e incendiaron varios vehículos. Na noite do xoves foron máis de 200 as persoas detidas nos disturbios, que deixaron 25 feridos. Na madrugada do venres a violencia desencadeouse outra vez no medio dunha concentración de protesta.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: