O PSdeG obtivo o apoio de máis da metade do electorado emigrante en todas as circunscricións electorais.
O PPdeG insta a Touriño a pedir perdón os galegos por procurar o "calote electoral" no exterior, e o BNG describe como "arrepiante" a decisión dos socialistas.
Os socialistas acusan ao BNG de querer eliminar o voto emigrante porque non lle é favorábel. Os nacionalistas retrucan que ao PSdG non lle interesa introducir reformas para que voten os embarcados.
Os socialistas admiten que a reforma non estaría lista para a votación de 2009 en Galiza.
A falta de tempo era unha das escusas, pero malia descartarse o adianto electoral, o vicesecretario xeral do PSOE, Xosé Blanco, non ten présa en priorizar a reforma do voto emigrante.
Pilar Rojo, deputada do PpdeG, avalía que as declaracións do conselleiro amosan que "o PSOE unha vez máis é capaz de dicir unha cousa no Parlamento e a contraria fóra".
O BNG alerta de que a tramitación ordinaria no Congreso non permitirá que o cambio se aprobe antes das eleccións.
PPdeG, PSdeG e BNG tratan de elaborar unha proposición de lei conxunta para trasladarlle ao Congreso.