Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS 1M

Case un terzo do voto exterior foi nulo

O PSdeG obtivo o apoio de máis da metade do electorado emigrante en todas as circunscricións electorais.

Redacción - 18:30 10/03/2009

Ademais de obter o quinto escano na provincia de Ourense a costa do Partido Popular, o PSdeG obtivo a confianza da meirande parte dos emigrantes que participaron nas eleccións do pasado 1 de marzo. Así se confirma unha vez rematado o escrutinio do Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA), que tamén deparou unha alta porcentaxe de votos nulos, un terzo de todos os emitidos.

A Coruña
O Partido Socialista conseguiu nesta provincia o 54% do voto emigrante, é dicir, 14.817 sufraxios. Fronte a el, o Partido Popular sumou o 37,06% dos votos, isto é 10.115 papeletas. Mentres, o BNG obtivo a confianza do 4,31% do electorado, uns 1.177 apoios. Con todo, tamén houbo outras formacións que acadaron a confianza dos galegos do exterior: Os Verdes recibiron 235 papeletas; Esquerda Unida, 190; Por un Mundo Máis Xusto, 158; Terra Galega 121; e UPyD, 131.

Recibíronse un total de 35.688 votos, dos que entraron en urna 27.292, xa que o resto (8.396) foron considerados non válidos por non aportaren a documentación exixida, ben unha fotocopia do documento de identidade, ben unha copia do pasaporte. Así, nesta circunscrición foron nulos un 23,6% dos votos emitidos.

Lugo
Os socialistas acadaron en Lugo o 58,3% dos votos procedentes da emigración (un total de 6.093 dos 10.444 sufraxios). Mentres, o PpdeG obtivo 3.199 votos e o BNG, 331. En principio houbo 15.576 sufraxios, se ben foron declarados nulos 5.132, é dicir, o 33% de todos os emitidos. Unha vez máis, a principal causa foi a falla da documentación requirida pola Xunta Electoral Central.

Pontevedra
Malia que o reparto de escanos quedará en Pontevedra tal e como estaba antes do reconto do voto exterior (11 PPdeG, sete PSdeG e catro BNG), o partido de Pérez Touriño acadou o 52,% dos votos desta circunscrición exercidos no exterior. Os socialistas sumaron 11.823 apoios dos 22.466 sufraxios, fronte aos 8.704 que conseguiu o PPdeG e os 731 do BNG. Mentres, outras formacións políticas tamén fixeron chegar a súa mensaxe aos emigrantes: Os Verdes recibiron 136 votos; Esquerda Unida, 127; o Partido Humanista, 122; e Por un Mundo Máis Xusto, 118.

En canto á validez dos sufraxios, en Pontevedra foron nulos o 13,8% dos votos emitidos: das 22.466 papeletas que chegaron en prazo a Galiza, non pasaron a criba un total de 3.085.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: