O persoal que ocupou un posto político ten dereito a percibir até 15 mil euros anuais a maiores ao volver ao seu posto de traballo. Pero, canto cobra a 'aristocracia' da administración pública? Dámoslles algúns datos.
Dende a Consellaría de Presidencia sosteñen que a Lei de Protección de Datos impide publicitalos.
A nacionalista Encarna Otera, pioneira na oposición ao sobresoldo, quere que a Asemblea Nacional referende a iniciativa da Executiva.
Os empregados públicos, entre os que se atopa un conselleiro en funcións, consideran que hai que dar exemplo en tempos de crise.
A inminente disolución da Cámara impide que se debata o asunto, como demandou formalmente a CIG.
O xefe de seguridade da cámara prohibiulle a dirixentes do sindicato facer declaracións no recinto.
Os traballadores públicos que estivesen durante máis de dous anos en postos de responsabilidade política teñen dereito a percibir complementos anuais de 15 mil euros.
O cantautor sadense París Joel vén de colgar na súa web un tema no que protesta contra o sobresoldo dos altos cargos.
A CIG poderá comezar a recoller as 15 mil sinaturas precisas para propiciar un novo debate na Cámara.
Dende o sindicato nacionalista sospeitan que se estivo a retrasar o trámite para que a iniciativa lexislativa-popular non coincidise coas Xerais.
Delegados da CIG concentráronse diante da sede central da Xunta para pedir a derrogación dos sobresoldos e reiteraron a disposición a impulsar unha iniciativa lexislativa popular.
o voceiro no Parlamento, Carlos Aymerich, reuniuse con dirixentes da CIG para analizar os pasos a dar para lograr a derrogación.
O PSdeG asegura que non se vai botar atrás nos acordos, e o PPdeG pregúntalle aos socialistas se "cederán á chantaxe" dos nacionalistas.