A CIG poderá comezar a recoller as 15 mil sinaturas precisas para propiciar un novo debate na Cámara.
Tres meses despois de que os solicitase por escrito, a CIG ten o visto e prace do Parlamento para poder iniciar a recollida de sinaturas contra o plus de altos cargos. A central sindical ten agora que xuntar 15 mil sinaturas para forzar un plen extraordinario. A CIG mobilizouse contra unha disposición adicional que posibilita que os ex altos cargos políticos, que á vez sexan funcionarios, poidan cobrar complementos de até 15 mil euros anuais.
O Parlamento dá luz verde logo de que se subsanasen “pequenos erros formais” na documentación presentada polo sindicato. O pasado 4 de xaneiro o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, sinalaba en Vieiros que na organización sospeitaban que a Mesa Parlamento quería retardar o proceso até despois das eleccións xerais.