Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: pascual

23/Febreiro/2010 /

Consúmase o acordo entre Pascual e La Arzuana

O grupo Alimentos Lácteos pechou os últimos flocos da negociación: a planta de Outeiro de Rei producirá marca branca e manterá todo o cadro de persoal.


10/Decembro/2009 /

La Arzuana gaña a pugna por Pascual

A empresa burgalesa asina un principio de acordo con este grupo de cooperativas para o aluguer da planta de Outeiro de Rei, que exclúe a proposta de Feiraco.


2/Decembro/2009 /

Ante a falta de solucións, os traballadores de Pascual volverán ao choio

Consideran que a prórroga do Expediente de Regulación de Emprego por outros catro meses é "a solución menos mala" mentres non se decide o futuro da planta.


25/Novembro/2009 /

O PP desbota impulsar a oferta das cooperativas para a planta de Pascual

Rexeita unha proposición non de lei do PSdeG que pedía a adopción de medidas para que a fábrica de Outeiro de Rei fose adquirida polo grupo liderado por Feiraco.


25/Novembro/2009 /

A Xunta ensina as cartas: quere unha oferta conxunta

Tanto a empresa como o Goberno suxiren a Feiraco e Arzuana que presenten unha oferta unificada para que o proxecto sexa máis viábel, condición para recibir avais e préstamos.


23/Novembro/2009 /

"O tempo corre e a Xunta non ofrece solucións"

Os traballadores de Pascual saen en procesión pola defunción da planta de Outeiro de Rei e exixen á Xunta que explique por que proxecto vai optar.


Traballadores de Pascual en Outeiro de Rei cortan a N-VI en protesta polo ERE
18/Novembro/2009 /

Traballadores de Pascual en Outeiro de Rei cortan a N-VI en protesta polo ERE

Prevén máis accións a partir do venres cun magosto reivindicativo, e continuarán cun 'via crucis' o luns.


Sonia Verdes, deputada socialista por Lugo
15/Novembro/2009 /

O PSdeG exíxelle a Feijoo que "lidere" o conflito da planta de Pascual ante a "incompetencia" de Samuel Juárez

Sonia Verdes, voceira parlamentaria de Medio Rural, insiste en que o proxecto das cooperativas galegas é "o único serio e rendíbel".


9/Novembro/2009 /

Os traballadores de Pascual convocan un peche indefinido

Denuncian o silencio da Xunta ante o ERE temporal no que está inmerso o cadro de persoal e que conclúe o vindeiro 4 de decembro.


28/Outubro/2009 /

Por que non apoia a Xunta o proxecto cooperativo para a planta leiteira de Outeiro de Rei?

Mentres os traballadores afectados polo ERE preguntaban na capital, o conselleiro de Medio Rural visitaba os terreos da queixería valisoletana subvencionada pola Xunta.


26/Outubro/2009 /

Os traballadores de Pascual mobilízanse ante a pasividade da Xunta

Aseguran que o Goberno dispón de varios proxectos para retomar o traballo na factoría, mais que non se decide por ningún.


20/Setembro/2009 /

Mentres agardan as cooperativas, Medio Rural subvenciona unha empresa de fóra

A Xunta concede unha axuda de seis millóns de euros a unha queixería valisoletana e a oposición reclama igual apoio ás cooperativas galegas para mercar a factoría de Pascual.


Manifestación dos traballadores da planta de Pascual en Outeiro de Rei, que pechará o 1 de agosto
14/Xullo/2009 /

A planta de Pascual en Outeiro de Rei pechará o 1 de agosto

A empresa estaría disposta a vender a planta por 30 millóns de euros, moi por baixo dos 150 nos que a valoraba até o de agora.


Pascual anunciou en maio un ERE que afecta 155 empregados de Outeiro de Rei
14/Xuño/2009 /

O comité de empresa presentará esta semana unha nova oferta a Pascual

A patronal burgalesa rexeitou a dobre proposta do venres: ben un ERE temporal dun ano, ben oito meses de regulación con dúas quendas.


10/Xuño/2009 /

Acusan a Pascual de desviar leite cara a outras factorías

O comité presentará este venres unha contraproposta á última oferta formulada pola empresa, na que xa non figura a extinción de todos os contratos.


3/Xuño/2009 /

"Somos optimistas e agardamos que nos anuncien a retirada do ERE"

Os empregados da planta de Outeiro de Rei manterán unha xuntanza coa empresa este mércores, da que agardan unha solución.


27/Maio/2009 /

Non hai ofertas concretas para facerse coa propiedade da planta de Pascual

Samuel Juárez mantivo unha xuntanza co comité de empresa da factoría e asegurou ter disposición a apoiar calquera iniciativa que sexa viábel.


19/Maio/2009 /

Un grupo de cooperativas confirma o seu interese en adquirir a planta de Pascual

Mentres, o comité de empresa da fábrica pediu ao subdelegado do goberno en Lugo que faga un seguimento das negociacións.


16/Maio/2009 /

Concentración na fábrica de Pascual en Outeiro de Rei

Os traballadores exíxenlle á Xunta e mais ao Goberno español que se manteñan os 155 empregos que a empresa pretende liquidar.


Planta de Pascual
6/Maio/2009 /

Os sindicatos denuncian a "conivencia" dos gobernos no ERE de Pascual

Difundiron un comunicado conxunto coas cooperativas no que expresan o seu temor a que a inseguridade laboral se espalle por todo o sector.