O recoñecemento únese a outros recibidos pola actriz viguesa polo seu traballo en 'Mataharis'.
María Vázquez é candidata ao premio á mellor actriz de reparto por Mataharis, Nocturna (Filmax) pode ser o mellor filme de animación e O bufón e a infanta (Dygra) ou A flor máis grande do mundo (Continental), a mellor curta.
A actriz galega acaba de recibir o premio Ojo Crítico de cinema polo seu papel de Inés nas Mataharis de Icíar Bollaín. Vieiros recolleu as súas primeiras impresións.