O galardón tamén se acordou de Xosé Lois González Vázquez, creador do Carrabouxo, coincidindo co 25 aniversario da publicación da primeira viñeta.
A Plataforma Sindical Galega en Defensa dos Servicios Públicos, na que están integrados CCOO, CIG, CSI-CSIF, USO, UGT e STEG, convocou para o sábado 2 unha manifestación en Santiago ás 11.30 dende a Alameda. Pretenden denunciar así a "continua deterioración que están a sufrer os servicios públicos no noso país, dentro da estratexia privatizadora do Partido Popular". Ademais denuncian a perda de poder adquisitivo dos empregados públicos. A CIG ofrece máis información e datos sobre o problema na súa web.