Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DI QUE A XUNTA LLE IMPIDE AOS PROFESIONAIS QUE INFORMEN CON LIBERDADE

O CPXG di que é "impropio dunha democracia" que a Xunta premie a xornalistas

"O xornalismo en democracia debe ter unha función de contrapoder", subliñouno este mércores o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Vega, solicitándolle á Xunta que suspenda a concesión dos Premios Galicia de Comunicación e rexeitando o convite a ser parte do xurado destes galardóns. O CPXG lembra que desde o propio executivo se prometera non volver convocalos. Vega advirte de que calquera tipo de recoñecemento aos xornalistas debe estar promovido por organizacións representativas da sociedade civil, e nunca desde as institucións públicas.

- 09:32 30/11/2006
Tags:

A Xunta debera permitir que os medios públicos "se liberen do control directo do partido ou partidos que en cada momento", recordan desde o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, insistindo en que o actual goberno galego segue sen establecer "as condicións para que os xornalistas poidan cumprir coa súa obriga constitucional de informar con liberdade, independencia e rigor".

Esa falta de compromiso do executivo ten que ver tamén, segundo a reflexión de Xosé Manuel Vega, ten que ver tamén co actual sistema de axudas aos medios de comunicación privados e o uso da publicidade institucional "como moeda de cambio para conseguir tratos favorábeis". Lembra o decano do Colexio que tampouco se dero pasos para que esas axudas vaian en paralelo a esixencias sobre "o compromiso coa lingua do país" ou se estabeleza a súa incompatibilidade "co mantemento de cadros de traballadores en precario".

Lembra Xosé Manuel Vega que hai un ano, o propio Secretario Xeral de Comunicación afirmou no Parlamento que a Xunta debía deixar de darlles premios aos xornalistas, e pregúntase "que puido levalo a volver convocalos despois de cuestionar explicitamente a súa estética e implicitamente a súa ética".

Na web do Colexio poden ver o documento completo que o decano do CPXG, en nome da xunta de goberno da entidade, leu diante do xurado dos premios antes de abandonar a reunión.


0/5 (0 votos)