A ex directora xeral de Vivenda lamenta o freo á Iniciativa Lexislativa Popular e desafía os funcionarios ex altos cargos a rexeitaren publicamente esta bonificación.
Os donos de pisos desocupados dende hai polo menos un ano poden solicitar dende este luns a Vivenda a súa subvención.
Duascentas persoas súmanse o escrito asinado en Vieiros por Encarna Otero. A directora xeral autoinculparase no xulgado o próximo 8 de marzo.
As investigacións abertas a varias mulleres en Barcelona supoñen "un enorme retroceso para a sociedade", laiouse Rosario Fernández Velho,secretaria de Acción Feminista do BNG.
En solidariedade coas mulleres acosadas por presunto aborto fóra dos supostos que recolle a actual lexislación, presentará escrito de autoinculpación no xulgado. Ao tempo convida as mulleres do país a asinaren no mesmo sentido.
Logo de que o vicepresidente apuntara este luns a posibilidade de derrogar a norma, Vieiros conversou con responsábeis dos tres partidos, sindicalistas e con Encarna Otero.
Desde a Xunta argumentan que os altos cargos galegos están entre os que menos cobran do Estado. Con todo, calquera traballador do país sofre dunha perda adquisitiva maior dentro do seu sector.
O Conselleiro de Presidencia cualificou de "extemporáneas" as afirmacións da directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda.
"Teño entendido que é delito a desobediencia ás leis", opinou o secretario de Organización do PSdeG e conselleiro de Traballo. Encarna Otero propuxera en Vieiros a "insumisión" económica contra o privilexio concedido aos altos cargos da Xunta.