O Conselleiro de Presidencia cualificou de "extemporáneas" as afirmacións da directora xeral de Fomento e Calidade da Vivenda.
"En calquera Goberno, cando un alto cargo non está de acordo cunha decisión do seu propio Goberno, presenta a súa dimisión", dixo Romeu este venres en Vigo, "ou iso ou ben presenta no rexistro a súa renuncia a calquera beneficio persoal", engadiu. Ao respecto, comentou o conselleiro que a reforma da Lei de Función Pública aprobada no Parlamento "recolle moitos preceptos da normativa estatal".
Méndez Romeu insistiu en que a lei soluciona dous problemas graves deste sector en Galiza. Por un lado, reduciría "a politización da administración ao cubrírense máis de 800 xefaturas a través de concurso entre funcionarios e non por libre designación" e por outra parte "acábase co problema endémico do elevado número de funcionarios temporais e interinos", asegurou.