Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito en Palestina

Netanyahu anuncia que Israel está disposto a intercambiar prisioneiros palestinos polo soldado Gilad Shalit

O primeiro ministro israelí, nunha mensaxe televisada, promete a liberación de mil presos polo militar retido desde hai catro anos.

Redacción - 17:55 01/07/2010
Marcha polo soldado Gilad Shalit

Marcha polo soldado Gilad Shalit

Israel liberará mil prisioneiros palestinos se Hamás fai o mesmo co soldado israelí Gilad Shalit, retido desde hai catro anos. Anunciouno o primeiro ministro Benjamin Netanyahu nunha mensaxe televisada esta quinta feira, que recollen axencias internacionais.

O mandatario sinalou que os israelís queren a volta de Shalit, mais que o país non pode "pagar calquera prezo" porque experiencias pasadas "mostraron" que moitos palestinos liberados "retomaron os ataques" contra Israel.

Nunha campaña para presionar o goberno para que negocie a liberación do seu fillo, os pais de Gilad Shalit comezaron hai semanas unha marcha por todo o país e anunciaron que acamparán fronte ao edificio onde ten o seu despacho o primeiro ministro até a volta do soldado.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: