Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Revista Galega de Educación

A música tradicional na escola

As propostas musicais enchoupan o novo número da revista de Nova Escola Galega. Ademais, o editorial 'Bilingüismo aditivo vs. bilingüismo subtractivo'.

Redacción - 11:25 30/06/2010

A reflexión de Guadi Galego 'Unha aplicación para a música popular' abre o número 47 da Revista Galega de Educación. Un vizoso monográfico sobre música tradicional que inclúe por exemplo o artigo 'O quiquiriquí e Pelo Gato 24', de Paulo Nogueira e Magoia Bodega, unha proposta para o ensino secundario elaborada por Fernando Abreu, a achega 'Xogos para cantar, bailes para xogar, cantos para bailar', de Xosé Luís Prego, ou o artigo 'Os instrumentos, a aprendizaxe tradicional: unha proposta de integración', obra de Pablo Carpintero. Ademais, Carlos Núñez é protagonista no apartado de entrevista.

Por outro lado, a publicación editada por Nova Escola Galega tamén se ocupa da actualidade ao respecto do posíbel pacto educativo e obxecto de análise por parte de Víctor Manuel Santidrián. Tamén as novas tecnoloxías ocupan o seu espazo e no apartado adicado á escola rural proponse o artigo 'Rebulir: unha experiencia en Ramirás', de Alexandre Sotelino. En ano Xacobeo, a revista docente inclúe tamén o artigo 'O Camiño de Santiago nunha clase de francés', de Miguel Cumbraos.


5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: