Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mundial de fútbol

A Policía de Portugal "en alerta" pola chegada de independentistas galegos

Lisboa toma moi a serio o chamado dos ridiculistas de 'Sei o que ...' para ver o España-Portugal en Valença. O Diário de Notícias publica unha reportaxe chea de tópicos.

Redacción - 10:35 29/06/2010

Independentistas galegos querem apoiar Portugal, era o cabezallo esta segunda feira dunha información do xornal lisboeta Diário de Notícias, que recollía o chamado realizado polos ridiculistas de 'Sei o que nos figestes... nos últimos 525 anos' para apoiar a selección portuguesa en Valença no encontro do mundial de fútbol que a enfronta coa española esta terza.

E esta terza o DN volta levar o tema ás súas páxinas. Destaca: Portugueses e espanhóis juntos para ver o jogo na raia para a continuación informar: GNR atenta a independentistas galegos, onde apunta que a Guarda Nacional Republicana (equivalente á Garda Civil española) "garante que vai estar atenta, celar pola seguranza e promete 'axir rapidamente' caso se rexistre algún tipo de conflito".

Mesmo a chanza realizada por 'Sei o que ...' sobre o conflito sanitario en Valença -"Aliás, facemos un outro chamamento a non caeren nas provocacións da torcida españolista valenciana. Cómpre ter en conta que en caso de enfrontamento físico o primeiros-socorros habería que os recibir en Tuy (Imperio Pequeno)"- non foi como tal entendida.

A información complétase coa reportaxe Nacionalismos presos pelo fio da regionalização, pouco documentada e chea de tópicos, para ilustrar o sentimento plurinacional existente no Estado Español: "Na Galiza todo é verde, parecendo unha continuación da zona Norte de Portugal. Moitos coñécena por causa das peregrinacións a Santiago de Compostela. O País Vasco tamén ten paisaxes montañosas impresionantes", sinala o DN.


4,79/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: