Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRSE MUNDIAL

A tese da austeridade no gasto público imponse no G-20

As principais economías do mundo apostan pola redución do déficit e do endebamento, aínda que sen acordos concretos

Redacción - 10:27 28/06/2010

Concluída a reunión do G-20 para ver as medidas a tomar contra a crise económica mundial, as receitas son inconcretas e marcadas polo distanciamento entre os principais países. O principal acordo ten que ver coa redución do déficit público (co obxectivo de situalo na metade en 2013) e do endebedamento, a pesar de que EUA considera que un corte dos estímulos pode facer máis fráxil calquera recuperación. Para salvar as diferenzas, o acordo permite que cada goberno se adapte ás circunstancias propias para cumprilo.

A representante de Alemaña, Angela Merkel, foi a principal abandeirada da redución de gasto e débeda. A chanceleresa considera que se non hai medidas urxentes neste sentido os especuladores poden poñer en serias dificultades a algúns estados, como aconteceu en Grecia.

A pesar de que o G-20 asume o axuste dos orzamentos estatais no documento plásmanse os principais problemas desta medida: “Hai un risco de que o axuste fiscal sincronizado de varias economías poida ter un impacto adverso na recuperación” aínda que tamén sinala que de non optarse por isto hai o risco dun fracaso na consolidación das contas públicas que "reduza a confianza e obstaculice o crecemento".


4/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: