Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TÉXTIL

A Xunta apoia que Montoto pase a mans de Florentino

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asegura que se están a cumprir os compromisos coa empresa lalinense.

Redacción - 18:25 23/06/2010
O empresario Florentino Cacheda canda o conselleiro Javier Guerra

O empresario Florentino Cacheda canda o conselleiro Javier Guerra

A empresa dezá Montoto está na corda bamba. O peor dos escenarios posíbeis é un peche que implicaría a perda de 130 postos de traballo directos. O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, entrevistouse este mércores cos traballadores afectados e estivo acompañado do empresario local Florentino Cacheda, que está interesado na adquisición, canda un grupo de patróns do têxtil galego.

Guerra debullou os atrancos que hai para unha compra: “Hai que ter en conta todos os aspectos xurídicos relacionados co levantamento do concurso, o volume de débeda acumulada pola mala xestión da compañía e as fórmulas para recuperar a carga de traballo de Montoto”.

O conselleiro subliñou que a consellaría apoiará unha solución que se traduza no mantemento dos postos de traballo. Así afirmou que agora ábrese un proceso de contactos cos administradores xudiciais e coas entidades financieiras que se levará a cabo “coa maior celeridade posíbel”. Tamén garantiu avais e axudas para asegurar a viabilidade em caso dun acordo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: