Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Autoestradas: Aumento de custos mensuais

Os empresarios portugueses prevén despidos pola introdución das portaxes

"A mobilidade é unha das potencialidades no espazo entre o Norte de Portugal e a Galiza", din desde a Associação Empresarial de Viana do Castelo.

Redacción - 13:00 18/06/2010
As portaxes serán máis caras

As portaxes serán máis caras

"Pánico nas empresas de Viana do Castelo", informa esta sexta feira o Diário de Notícias. O anuncio da introdución de peaxes na autoestrada A28, e os consecuentes aumentos "brutais" nos custos mensuais, xa lles fai pensar en ter que despedir traballadores.

O xornal apunta varios exemplos: A compañía Metaloviana calcula os oito mil euros máis por mes. Sanitop, unha grande empresa de distribución, prevé un aumento de 50 mil euros anuais e un adiamento do aumento de persoal laboral previsto, ao igual que Carsiva que prevía pasar de 70 a 120.

Luís Ceia, presidente da Associação Empresarial de Viana do Castelo, incide noutra cuestión: "A mobilidade é unha das potencialidades desta rexión, no espazo entre o Norte de Portugal e a Galiza. Así perde un factor importante de atractivo".

Tamén a Associação Portuguesa de Hotelaria, Restauração e Turismo emitiu unha nota onde manifesta a súa "preocupación" pola introdución das portaxes na A28, por poder vir a representar -din- "unha diminución no número de turistas galegos na rexión Norte".

Ademais, esta agrupación considera que poden introducir "unha quebra significativa" no número de galegos a Norte, sumado á "obrigatoriedade dos condutores estranxeiros teren de adquirir un identificador para transitaren na autoestrada nacional". Todo isto, cren, "irá afectar gravemente o turismo e toda a economía da rexión Norte".


4,5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: