"Flandres elixiu un novo rei", titula o xornal valón 'Le Soir' en referencia a Bart De Wever, o líder da N-VA.
Bart De Wever, o líder da N-VA
A N-VA (Nova Alianza Flamenga), partido independentista e conservador flamengo, impúxose este domingo nas eleccións xerais belgas ao lograr 27 dos 150 escanos do Parlamento e se converter na primeira forza a nivel federal, segundo os resultados oficiais finais.
O seu líder, Bart De Wever, dixo "tender a man aos francófonos" para negociar a profunda reforma do Estado que reclaman os flamengos e que podería levar á confederación, paso previo para os arredistas de Flandres á independencia. De Wever volveu insistir en que non ten intención de ser primeiro ministro belga.
Mais a Nova Alianza Flamenga, que nas anteriores eleccións de 2007 conseguira 19 representantes, esa revisión para chegar a acordos cos socialistas francófonos -gañadores en Valonia con 26 escanos- de cara á formación dunha coalición de goberno.
O líder destes últimos, Elio Di Rupo, que ten moitas posibilidades de ser o primeiro ministro afirmou: "Moitos flamengos queren que as institucións do país sexan reformadas. Debemos de escoitar iso".
No entanto, a reacción en Valonia está a ser de relativo desconcerto. O xornal Le Soir titula "Flandres elixiu un novo rei", en referencia a De Wever. O 'monarca oficial', o rei Alberto, comezará este luns as xuntanzas con todos os líderes políticos. En 2007, duraron seis meses até que se conseguiu forma goberno.