Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Unha morta e un desaparecido na Veiga (Eo-Navia)

O alcalde de Burela pide a declaración de zona catastrófica

O de Ribadeo non o desbota. Mantense a alerta amarela mais prevese unha melloría a partir das 21.00 h. Continúa a haber parroquias sen auga e con cortes de luz.

Redacción - 17:30 11/06/2010
O "peor" remitirá a partir das 21.00 h.

O "peor" remitirá a partir das 21.00 h.

As intensas chuvias que nas últimas horas provocaron un caos na Mariña, con inundacións e numerosos danos en infraestruturas, levaron os alcaldes da zona a formular a necesidade de solicitar "a declaración de zona catastrófica" para habilitar liñas de axudas, dado que as arcas municipais non van poder afrontar as reparacións.

O de Burela -unha das zonas máis castigadas-, o popular Alfredo Llano, xa confirmou que o fará e o seu homólogo de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez, avanzou que se está a estudar esta opción.

A declaración de zona catastrófica xa non está vixente no ordenamento xurídico estatal, senón que existe unha nova figura de axudas de emerxencia recollida no Real Decreto do 18 de marzo de 2005, que regulamenta as subvencións para atender as necesidades derivadas deste tipo de situacións.

En todo caso, os rexedores demandan a activación de axudas públicas que apoien a reconstrución de infraestruturas básicas e os labores de limpeza logo das riadas que estragaron calzadas e mesmo levaron por diante pontes, como é o caso do da parroquia de Arante, en Ribadeo.

O alcalde burelao alertou de que aínda que o caudal dos ríos e regatos "baixou", as "complicacións" son as mesmas desta quinta feira. "En calquera momento poden aparecer novos bolsas de auga ao igual que aconteceu onte".

En Ribadeo varias parroquias permanecen sen auga debido á caída dun tramo dunha estrada arrasou canalizacións de subministración. "Todas as brigadas municipais levan horas traballando para tratar de recuperar pouco a pouco a normalidade, aínda que levará semanas", sinalou Fernando Suárez.


Matrimonio arrastrado pola riada

Na rexión, ademais dos danos materiais, hai que lamentar a morte dunha muller de 76 anos e a desaparición do seu marido. O matrimonio, da Veiga (Eo-Navia) foi arrastrado pola corrente.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía mantén a alerta amarela en todo o litoral por precipitacións que poden chegar a ser de 40 litros por metro cadrado. Con todo, prevén que "o peor" se ha prolongar até as 21.00 horas deste venres.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: